Friday 17 de May de 2024

O sábado celébrase a Romaría das Merendiñas nos xardíns das Torres de Santa Cruz


Todas as persoas maiores de 60 anos están convidadas a participar na Romaría das Merendiñas que se celebrará o vindeiro sábado 4 de xuño, a partir das 13:00 horas, nos xardíns das Torres de Santa Cruz. Para poder acceder á festa é imprescindible presentar a invitación que se entregou en todos os domicilios.

O menú, un ano máis, estará composto por empanada, roxóns, chourizo ao estilo Santaia, larpeira e queixo con marmelo. Antes da comida, a Banda da Escola Municipal de Música amenizará a xornada. Pola tarde, tras o xantar, non faltará a música en directo da man da orquestra Catro en liña e Eric Hidalgo e co solista Carlos Manteiga, que se encargarán de animar o baile.

Para facilitar o acceso de todas as persoas participantes haberá tres autobuses que percorrerán todas as localidades de Oleiros. O percorrido dos autobuses comeza en todos os casos ás 12:30 h. As rutas serán as seguintes:

1.Serantes, Maianca, Dexo, Lorbé, Dorneda: Mera (Nai Pai), A Pista, O Cubo. Aba, A Torre, Igrexa Dexo, A Escola, Broño, A Igrexa, O Regacho, Cabreira, Breixo, Arillo.

2. Perillo, Montrove: Centro Cultural, Solana, Lucín, Beiramar, Che Guevara (adegas de viño), Parador.

3. Oleiros, Iñas, Nós: As Torres (parada de bus), A Cova, Campamento (parada de bus Betanzos), Arenaza (cruzamento entrada urbanización), O Piñeiro, Os Vilares, a Chasqueira, Vilanova, Casa do Pobo de Nós, O Seixal, Alsina, Mesón da Auga, Cristo Rei, Oleiros (Policía Local).

Un elemento fundamental desta festa é a implicación e participación de numerosas persoas que colaboran desinteresadamente na organización e desenvolvemento desta romaría, unha axuda imprescindible para que As Merendiñas poidan realizarse.